Que é a Semana da Educación?


A Semana da Educación (SdE) é un espazo temporal formativo libre da actividade académica no que se desenvolverán actividades educativas, culturais e/ou sociais (conferencias, foros, debates, obradoiros, exposicións, concertos...) complementarias aos contidos das materias das titulacións. A SdE desenvolverase do 25 ao 28 de xaneiro coincidindo coa primeira semana do 2º cuadrimestre. Durante dita semana elaborarase un horario académico adaptado no cal só se impartirán sesións expositivas das materias dos títulos oficiais de Grao nas franxas horarias de 9-12 (mañá) e 16-18 (tarde) e as franxas horarias de 12-14,30h (mañá) e 18:30h -21 (tarde) empregaránse para o desenvolvemento das actividades académicas programadas na SdE 2015-16 (acordo Xunta de Facultade do 2 de xullo de 2015):




 

Enderezo electrónico (semanadaeducacion2016@gmail.com):

inicio - programación            que é a SdE?            onde é a SdE?            organización            voltar a páxina da facultade