Organización:


A Xunta de Facultade do Centro acordou (2 de xullo de 2015) a recuperación da Semana da Educación para o curso 2015-16 tras la proposta do Equipo Decanal. Para a súa planificación, organización e desenvolvemento delegouse na Comisión de Actividades Culturais (CdAC) a cal acordou crear un grupo de traballo no cal se garantise a representación de todos os membros da comunidade da facultade que coa seguinte configuración:


- Coordinador do grupo de traballo: Vicedecano de Estudantes, Mobilidade e Cultura

- 2 membros da Comisión de Actividades Culturais

- 2 membros da Comisión de Normalización Lingüística

- 6 membros dos Departamentos con Sede na Facultade de Ciencias da Educación (un por cada Departamento)

- 2 representantes de estudantes da Xunta de Facultade

- 16 estudantes das Titulacións de Grao da Facultade (un por cada curso académico das catro Titulacións)

- 2 representantes de estudantes titores de primeiro curso

Enderezo electrónico (semanadaeducacion2016@gmail.com):

inicio - programación            que é a SdE?            onde é a SdE?            organización            voltar a páxina da facultade